miércoles, 3 de junio de 2009

RESIDOS PERIGOSOS:

- Produtor de residuos perigosos:

Calquera persoa física ou xurídica cuxa actividade produza residuos.
Son produtores de residuos perigosos aqueles que xeren ou importen residuos perigosos e aquelas actividades que xeren ou importen produtos que polo seu uso poderán dar lugar a residuos perigosos.

- Pequeno produtor de residuos perigosos:

Son aqueles que importen menos de 10.000 kg ao ano de residuos perigosos, e deberán inscribirse no rexistro correspondente. Isto está controlado por A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que pode denegar ou autorizar a súa inscripción no rexistro.

- Os productores de residos perigosos están obrigados a:

1) Estar inscritos no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.
2) Separar adecuadamente e non mesturar os residuos perigosos.
3) Envasar e etiquetar os recipientes que conteñan residuos perigosos na forma establecida regulamentariamente na sección 2ª do Real decreto 833/1988.
4) Almacenar os residuos para a súa xestión posterior en zonas debidamente autorizadas.
5) O tempo de almacenamento non poderá exceder de seis meses.
6) Levar rexistro dos residuos perigosos producidos ou importados e o destino destes.
7) Presentar a declaración anual de residuos.
8) Xestionar os residuos que produce ou posúe por medio dun xestor autorizado.
9) Elaborar un estudio de minimización de residuos perigosos.
10) Informar de inmediato á Consellería de Medio Ambiente no caso de desaparición, perda ou escape de residuos perigosos.
11) En xeral, todas aquelas que se deriven da Lei 10/1998 , do Real Decreto 833/1988 e das respectivas autorizacións.

Por outra banda, os pequenos productores só están obrigados a presentar a declaración anual dos residuos e a presentar un estudio de minimización de residuos.

Obrigas dos xestores de residuos perigosos:


Contestar, no prazo máximo dun mes, a solicitude de admisión de residuos perigosos presentada polos produtores.
Formalizar no documento de control e seguimento a transferencia de titularidade dos residuos á recepción destes.
Levar un rexistro de todas as operacións de xestión de residuos nas que intervenía.
Presentar, antes do día 1 de marzo de cada ano, a memoria anual de actividades.
En xeral, todas aquelas que se deriven da Lei 10/1998 do Real decreto 833/1988 e das respectivas autorizacións, sen prexuízo doutras obrigas establecidas na lexislación vixente.


Os policlorobifelinos:

Estes elementos son un amplo grupo de sustancias sintecticas doradas con unha elevada toxicidade tanto para o medio ambiente como para a saude humana. Estes elementos soen atoparse en circuitos pechados eléctricos, en circuitos refrigeradores, circuitos de bombeo, fluidos hidraulicos, bombas de baleiro, interruptores, reguladores de voltaxe, cables eléctricos, lubricantes, ceras e aditivos, pinturas, adhesivos, plastificantes, tintas, materiais illantes e praguicidas.

Ademais os posuidores de estes productos teñen as seguintes obrigas:

- Declarar anualmente a posesión de aparellos sometidos a inventario, as previsións para a súa descontaminación ou eliminación, e identificar os aparellos xa descontaminados ou eliminados.
- Descontaminar ou eliminar, antes do 1 de xaneiro de 2011, os PCB e aparellos que os conteñen, coas características e prazos establecidos pola normativa.
- Etiquetar convenientemente os aparellos e os locais onde están situados.
Acreditar, cando sexa preceptivo, o contido de PCB mediante análises químicas normalizadas.

No hay comentarios: